Todos-as coa loita do naval!!!

Aos empresarios explotadores do naval e das decenas de talleres que traballan para eles, non lles chega coa precariedade salvaxe á que nos someten, senón que queren a sumisión absoluta: así se explica o portavoz da patronal cando di que coa folga levamos ao peche das empresas. Así falan os verdadeiros explotadores, que nos queren someter a ser escravos.

Outra cousa non podemos deducir, cando se opoñen a cumprir os acordos cos traballadores, dende ai 1 ano!!

Esta vez, compañeiros, non podemos permitir que as mafias sindicais nos volvan enganar.

A cousa é clara: ou cumpren ou folga ata conquerir as nosas xustas reivindicacións.

Temos que pór en prática o método da ASEMBLEA, órgano soberano de tódalas decisións, pero non consintamos a súa manipulación por parte dos de sempre.

Temos que sacar a loita á rúa, extender e gañar o apoio e a solidariedade do pobo traballador de Vigo.

Movilicémonos pola folga xeral no Metal, en toda a provincia de Pontevedra.

POLA FOLGA XERAL NO METAL!!!
HAI QUE ARMALA!!!

Circulos Obreiros (naval)