Manifesto-Programa Partido Comunista de España (reconstituido)
setembro de 1999

Sumario:

  Introducción
  1. As leis e forzas motrices do desenvolvemento social
  1.1 A contradicción entre as forzas productivas e as relacións de producción
  1.2 O proceso de producción capitalista
  1.3 As clases e a loita de clases
  1.4 O imperialismo, derradeira etapa do desenvolvemento do capitalismo

  2. Peculiaridades do capitalismo e da loita de clases en España
  2.1 O establecemento de relacións capitalistas de producción
  2.2 A sublevación fascista e a revolución popular
  2.3 Un desenvolvemento monopolista ligado ao terrorismo de Estado
  2.4 A traizón carrillista

  3. O novo contexto xeral da loita de clases
  3.1. A reconstrucción do Partido
  3.2 A reforma política do réxime
  3.3 Consecuencias económicas e sociais da crise
  3.4 A nova singradura do imperialismo español

  4. Programa

  5. Línea política
  5.1 O principal obxectivo da acción política do Partido
  5.2 Afortalar a organización independente da clase obreira
  5.3 Organizar o movemento de resistencia popular
  5.4 A loita de resistencia
  5.5 Asegurar a dirección política do movemento guerrilleiro
  5.6 A loita contra a opresión nacional
  5.7 A loita contra o imperialismo e o perigo de guerra
  5.8 Levar a cabo a revolución no noso país e contribuír a que triunfe no mundo enteiro

  6. Programa xeral do Partido para a transición ao comunismo
  6.1 Necesidade histórica da dictadura revolucionaria do proletariado
  6.2 A política económica no período de transición
  6.3 Transformación e desenvolvemento integral do home


Introducción

"Sen teoría revolucionaria non pode haber tampouco movemento revolucionario". Estas verbas de Lenin subliñan a necesidade do programa do Partido como instrumento indispensable, sen o que non é posible organizar ó proletariado nin orientalo para que leve a cabo a súa revolución de xeito consciente.

O programa, para ser efectivo, non debe ser só un instrumento de cohesión ideolóxica da parte máis consciente do proletariado, senón que ademais debe constituír unha síntese científica e coherente do vieiro a seguir para acadar os obxectivos revolucionarios en cada fase histórica determinada.

A teoría do marxismo non se cingue á explicación da realidade social, senón que está orientada á súa transformación. De aquí tírase o papel activo, e a miúdo decisorio, que exerce a teoría. As condicións históricas obxectivas (económicas, sociais, políticas, etc.) non dan de seu o triunfo da revolución. Para que a victoria revolucionaria se produza cómpre ademais, a actuación das forzas revolucionarias, do factor subxectivo.

Entre os factores obxectivos e subxectivos dunha situación existe unha interrelación constante: cando o subxectivo cadra co mundo obxectivo a revolución avanza; cando o subxectivo non cadra co obxectivo ou se encontran en aberta contradicción, entón a revolución estanca ou mesmo retrocede. Isto subliña novamente a importancia do factor subxectivo para o triunfo da revolución, maiormente, da xusta liña marxista-leninista.

Arestora, en momentos nos que o movemento obreiro e comunista atravesa por unha das máis graves crises da historia, a necesidade do programa faise tanto ou máis premente que nunca. A contrarrevolución na desaparecida Unión Soviética e nos demais países ex-socialistas, puxo ben ás claras a traizón revisionista e a desfeita propiciada polas súas teorías e prácticas. Istos dous feitos influirán favorablemente no proceso de reorganización do movemento comunista. Non obstante, a reacción burguesa, na súa renovada capaña anticomunista, presenta a bancarrota do revisionismo, é dicir, o fracaso total da súa teoría e política para a clase obreira, como "a derrota do comunismo". Para a clase explotadora trátase, ante todo, de desprestixar ao marxismo-leninismo, negando a súa vixencia e capacidade transformadora; pero tamén, de seguir agachando o labor dos seus axentes, destinado a espallar a confusión e a desorganización entre os obreiros. Polo dito, a creación da organización e a elaboración do programa deben ser nestes momentos as principais preocupacións de todo verdadeiro comunista, das obreiras e os obreiros con conciencia de clase.

Ao acometer esta importante tarefa, debemos ter en conta que o programa non se cingue á critica das ideas e o mundo caduco da burguesía, senón que ten como principal cometido servir ao movemento obreiro, orientándoo nos seus combates cotiáns, ao tempo que lle permite ao Partido ir no seu encontro. Por mor disto pódese afirmar que o comunismo "é a unión do socialismo co movemento obreiro"; que o seu labor consiste en inserir no movemento espontáneo dos obreiros as ideas comunistas, en vencellar este movemento á loita política de resistencia organizada que haberá de levar cara o socialismo; noutras verbas, trátase de fundir nun todo único o movemento das grandes masas obreiras e populares coa actividade do partido revolucionario.

1. As leis e forzas motrices do desenvolvemento social

1.1 A contradicción entre as forzas productivas e as relacións de producción

Son os pobos, unicamente, os que fan a historia. Pero, ┐que é o que determina as súas motivacións? ┐cales son as condicións obxectivas da producción da vida material que crean a base de toda a actividade humana e cal é a lei de desenvolvemento de ditas contradiccións? A todo isto dá responsa o materialismo histórico mostrándoo coma un proceso histórico natural, regular, obxectivo, sinalando ao tempo os factores subxectivos da historia do home, a conciencia e a experiencia das súas loitas, a organización, a vontade e decisión revolucionarias; é dicir, todo o que xoga un papel importante no curso e o desenlace dos acontecementos na sociedade.

A teoría do materialismo histórico e a economía marxista estudian a contradicción fundamental que se estabelece entre as forzas productivas (os medios de producción e as persoas que os utilizan) e as relacións de producción (a forma de se asociaren as persoas na producción e intercambio dos productos). Estas conforman a base económica da sociedade, da que deriva unha superestructura política, xurídica e ideolóxica característica.

Marx descubriu a contradicción que se estabelece, no proceso de producción da vida material, entre as forzas productivas e as relacións de producción e mostrou a forma na que, chegado un momento do seu desenvolvemento, ámbalas dúas baten, facendo saltar polo ar a superestructura erixida encol delas, o que xeralmente exprésase na crise e no estalido de revolucións sociais. Así evolucionan as distintas sociedades ou modos de producción que se suceden ao longo da historia.

Aplicando este enfoque á sociedade burguesa, xurdiu a teoría económica e o socialismo científico de Marx e Engels. O fondo estudio e a crítica da economía clásica burguesa permitiron a Marx descubrir a lei da plusvalía, que serve de base á existencia do capitalismo. Marx revela a relación social que se agacha no capital e demostra o seu carácter transitorio.

Marx e Engels engadiron a esta análise as experiencias máis sobranceiras da loita do proletariado contra a burguesía, depuraron a concepción do comunismo de ideas utópicas e pequenoburguesas e formularon a teoría da loita de clases e a dictadura do proletariado, sentando así as bases científicas da estratexia revolucionaria da clase obreira.

1.2 O proceso de producción capitalista

A circulación de mercancías é o punto de partida da transformación do diñeiro en capital, o que só aparece cando a producción mercantil acada un certo desenvolvemento. O capitalista fai unha inversión co único obxectivo de facer medrar o seu capital inicial. Este incremento denomínase plusvalía. Mais para obter a plusvalía o capitalista ten que atopar unha mercancía que poida crear valor de seu. Esta mercancía existe, é a forza ou capacidade de traballo do obreiro.

A forza de traballo é o conxunto de facultades físicas e psíquicas que unha persoa acciona ao producir valores de uso, productos de calquera tipo. No capitalismo, a forza de traballo toma para o propio obreiro a forma dunha mercancía que lle pertence, conforme a isto, o traballo adquire a forma de traballo asalariado. O valor da forza de traballo, como o valor de toda mercancía, determínao o tempo de traballo socialmente necesario para a súa producción. Xa que logo, o valor da forza de traballo é o valor dos medios de vida necesarios para manter ao individuo traballador (no seu estado normal de vida e traballo) e para manter a súa familia; é dicir para asegurar a producción da mercancía forza de traballo.

Unha vez que o obreiro vende por un tempo determinado a súa forza de traballo, o capitalista é dono dela e consúmea no lugar de traballo. Este consumo do valor de uso da forza de traballo na producción de mercancías é, ao tempo, un proceso de creación de plusvalía, un proceso de valorización ou de extracción de plusvalía. O capitalista, na medida en que alonga a xornada de traballo alén do tempo que precisa o obreiro para reproducir na mercancía final un valor equivalente ao que recibiu, estalle a sacar ao obreiro un traballo que non paga; está extraendo unha plusvalía, está a explotar ao obreiro e valorizando o seu capital. Isto é o que se coñoce como proceso de producción capitalista.

Este proceso de explotación é a base encol da que se ergue todo o edificio da sociedade burguesa e o que orixina a irreconciliable loita de clases que libran os proletarios, desposuídos de todo agás da súa forza de traballo, e os capitalistas, propietarios dos medios de producción e vida.

No capitalismo, o proletario é xuridicamente libre, non está adscrito nin á terra nin a empresa ningunha; é libre no sentido de que pode ir traballar á fábrica dun ou doutro capitalista, mais non o é respecto á clase burguesa no seu conxunto. Privado de medios de producción, vese na obriga de vender a súa forza de traballo e a levar consigo o xugo da explotación.

Coa gran industria mecanizada como base, opérase unha aceleración do proceso de socialización do traballo polo capital. Acentúase a interdependencia das distintas ramas da producción e entre o distintos mercados nacionais. O traballo asalariado tórnase no alicerce da producción. O exército de parados faise permanente, e o progreso técnico, en vez de ceibar ao home da parte máis dura do traballo, convértese baixo o capitalismo nun monstro que intensifica a explotación e sorbe o seu sangue.

As relacións capitalistas de producción supoñen historicamente un pulo para o desenvolvemento económico. A procura da máxima ganancia e a ansia polo enriquecimento levan á burguesía a impulsar e ampliar a producción, a perfeccionar a maquinaria e a mellorar a tecnoloxía na industria e no agro. Sen embargo, estas relacións non só deron lugar a que se acadara un nivel de desenvolvemento sen igual con respecto ás anteriores sociedades, senón que permitiron crear tamén unhas forzas productivas tan xigantescas que escapan ao control dos capitalistas, levando ao sistema no seu conxunto á beira da tumba.

Por mor disto estalan crises periódicas de superproducción que duran longos anos e que abranguen países e continentes enteiros, causando enormes estragos. Estas catástrofes medran en extensión e fanse máis intensas segundo progresa o sistema capitalista de producción.

A causa destas crises áchase nas relacións de producción, que xa non se corresponden co desenvolvemento acadado polas forzas productivas e convertéronse nun freo para un novo desenvolvemento. Maniféstase así a contradicción de máis fondura do modo de producción capitalista: a contradicción entre o carácter social da producción e a forma privada capitalista de apropiación. Esta contradicción provoca as crises e o paro, orixina a loita de clases entre a burguesía e o proletariado e constitúe a base económica da revolución socialista.

1.3 As clases e a loita de clases

As clases non existieron sempre nin van existir eternamente. Na sociedade primitiva non había clases. A aparición das clases está vencellada a unha determinada fase histórica do desenvolvemento da producción. A división do traballo no seo da sociedade primitiva foi a orixe das clases. Esta división presupón a separación dos productores ocupados en distintos tipos de producción e o troco entre eles dos froitos do traballo. Coa división social do traballo e co troco desenvólvese a propiedade privada dos medios de producción que substitúe a propiedade comunal. Como resultado disto xurden as clases na sociedade.

As clases están vencelladas entre si por determinadas relacións económicas que lles permiten a unhas apropiarse do traballo das outras. O conxunto destas relacións forma a estructura de clases da sociedade e constitúe a base material, económica, da loita de clases. Ninguén pode ficar á marxe dunha ou outra clase, nin deixar de tomar posición logo de decatarse da relación mutua que hai entre elas. O interese de clase non está determinado pola conciencia dunha clase, senón pola situación e o papel que esa clase desempeña no modo de producción. Esta contradicción entre as clases é a que converte a súa loita na forza motriz do desenvolvemento das sociedades divididas en clases antagónicas.

A loita de clases fai agromar o Estado como instrumento que as clases dominantes empregan para manter a explotación sobre as clases asoballadas. Lenin demostrou que "o Estado xurde no lugar, o momento e a medida na que as contradiccións de clase non poden obxectivamente conciliarse"(1). O Estado convértese en instrumento de poder da clase economicamente máis poderosa, o que fai que esta tome novos medios para someter e explotar á clase asoballada.

As relacións entre as clases e as súas loitas non se cinguen ao eido da vida económica. A división en clases atinxe a toda a vida da sociedade clasista, a todo o sistema de relacións sociais, manifestándose asemade no terreo da superestructura, na política, na ideoloxía e, en xeral, en toda a vida espiritual. Nesta mesma relación de forza que estabelecen os propietarios dos medios de producción para someter á explotación aos que carecen deles, atópase a clave da estructura do poder político. Póren, a loita contra a explotación ten un carácter fundamentalmente político, é unha loita polo poder político.

Na época do capitalismo, nun plano universal, toda a sociedade se vai dividindo cada vez máis en dúas grandes clases inimigas que se enfrontan entre si: a burguesía e o proletariado. Ao primeiro, esta loita adopta a forma de loita económica, isto é, aínda non constitúe unha loita de toda a clase obreira contra a clase burguesa, senón unha fracción ou grupo de obreiros contra un só capitalista nunha ou noutra fábrica. Xa que logo, esta forma de loita non afecta ás bases do sistema de explotación. O seu fin non é suprimir a explotación, senón atenuala, mellorar a súa situación material e condicións de traballo. Esta primeira forma de loita desempeña un papel senlleiro na organización e educación política do proletariado, pero ao tempo pon de relevo o seu carácter limitado. Soamente máis adiante, cando os representantes de vangarda da clase obreira toman conciencia desa limitación e unen as súas forzas para emprender a loita, non contra un patrono illado, senón contra toda a clase capitalista e contra o goberno que apoia a esa clase, é cando a súa loita se vai facendo cada vez máis resolta e organizada, ata adquirir un carácter de loita superior, a forma de loita política revolucionaria.

De todas as clases que se enfrontan á burguesía, só o proletariado é a clase verdadeiramente revolucionaria. As demais "van dexenerando e esváense co desenvolvemento da gran industria; o proletariado, pola contra, é o seu producto máis senlleiro. As capas medias -o pequeno industrial, o pequeno comerciante, o artesán e o labrego- loitan todas elas contra a burguesía para salvar da ruína a súa existencia como tales capas medias. Non son, pois, revolucionarias, senón conservadoras"(2). O proletariado é a clase máis revolucionaria porque é portador dun modo de producción novo, superior, o modo de producción comunista, ademais de ser a máis consciente e organizada de entre todos os sectores populares. O proletariado só pode emanciparse abolindo a propiedade privada dos medios de producción en xeral, rematando así con todas as formas de explotación do home polo home. O agromar das clases foi o resultado do desenvolvemento espontáneo da sociedade e está vencellado á aparición da división do traballo e da propiedade privada; pola contra, a súa supresión só pode ser o froito da loita consciente do proletariado, que leva ao establecemento da súa dominación política e ao socialismo, etapa de transición necesaria cara a desaparición de todas as diferencias de clase.

1.4 O imperialismo, derradeira etapa do desenvolvemento do capitalismo

Nos albores do século XX o capitalismo acadou a derradeira etapa do seu desenvolvemento, a etapa monopolista, transformándose en imperialismo. O imperialismo xurde como consecuencia do enorme desenvolvemento da producción, así como da gran acumulación e concentración de capital, o que dá lugar á aparición dos monopolios. Outros trazos característicos do imperialismo son: o predominio do capital financeiro, resultado da fusión do capital bancario co capital industrial; a exportación de capitais; a formación de unións ou consorcios internacionais que se reparten o mercado mundial; a distribución territorial do mundo entre as grandes potencias capitalistas e o comezo da loita entre elas pola súa redistribución.

A "xestión" dos monopolios capitalistas afortala a dominación da oligarquía sobre a inmensa maioría da poboación e acentúa os trazos parasitarios, policíacos e militaristas do réxime burgués.

Nas últimas décadas os monopolios uniron a súa forza ao poder do Estado burgués. Xurdiu así o capitalismo monopolista de Estado. O Estado monopolista garante as condicións materiais da producción, salvagarda o sistema legal que regula as relacións de producción e intercambio e, particularmente, os conflictos entre traballadores e capitalistas. Como instrumento da clase no poder, o Estado recorre á opresión política aberta contra os traballadores utilizando, de ser preciso, métodos terroristas e militares. O Estado monopolista tamén garante a expansión exterior do capital nacional e os intereses dos inversores estranxeiros no seu propio territorio. Deste xeito, nos países imperialistas o Estado móstrase como un dos instrumentos máis importantes para incrementar as ganancias capitalistas.

Os imperialistas intensifican a explotación dos obreiros no seu país e a dos pobos das colonias e países dependentes. Así xurden as guerras coloniais polo reparto das súas riquezas. O mundo xa foi repartido, pero o desenvolvemento desigual dos distintos países imperialistas suscita a necesidade dunha nova redistribución acorde coa forza económica de cada un.

A exportación de capitais aos países capitalistas desenvolvidos e o entrelazado do capital internacional destácanse actualmente como as tendencias máis importantes do imperialismo. Dito entrelazado serve de base á formación das asociacións internacionais monopolistas que se reparten o mundo. Xurdiu así unha contradicción entre os grandes monopolios, universais pola envergadura das súas operacións, e os Estados nacionais.

Espallouse o "colonialismo colectivo". O imperialismo sostén guerras agresivas contra pobos enteiros, tentando impor pola forza o reparto territorial e réximes ou formas de goberno ao seu antollo, coa particularidade de que, a miúdo, en ditas guerras de agresión participan simultaneamente varias potencias imperialistas.

Con todo, a loita permanente por un novo reparto do mercado capitalista e áreas de influencia "segundo a forza", "segundo o capital", continúa. Os intereses capitalistas dos distintos países e as súas rivalidades son máis fortes cás tendencias dictadas polas arelas dunha estratexia común, polo que a humanidade se acha ante a disxuntiva de pasar ao socialismo ou sufrir durante anos, incluso durante décadas, o enfrontamento armado entre as grandes potencias pola conservación artificial do capitalismo mediante as colonias, os monopolios, os privilexios e a opresión de todo xénero.

Co dominio dos monopolios, a producción acada o seu máximo grao de socialización. Malia isto, a apropiación continúa a ser privada, xa que os medios de producción áchanse en mans dun exiguo número de persoas. Nesta etapa a contradicción fundamental do sistema -a que enfronta ás forzas productivas sociais coa apropiación individual- faise moito máis aberta e intensa, mostrando a urgente necesidade de destruír o sistema baseado na propiedade privada dos medios de producción.

Lenin salientou que o capitalismo monopolista de Estado é a preparación material máis completa para o socialismo e insistiu decote en que a preparación das premisas materiais do socialismo non equivalen á transición ao socialismo, que a revolución socialista é unha divisoria obrigatoria entre o capitalismo monopolista e o socialismo. "A proximidade de tal capitalismo -dicía Lenin- debe constituír, para os verdadeiros representantes do proletariado, un argumento en prol da inmediatez, da facilidade, da viabilidade e da urxencia da revolución socialista, pero de xeito ningún, un argumento para manter unha actitude de tolerancia ante os que negan esta revolución e os que adobían ao capitalismo, como fan todos os reformistas"(3).

Na etapa imperialista todas as contradiccións do sistema agudízanse en extremo. A crise crónica, o crecemento do paro, da miseria e todas as eivas da sociedade, a fascistización crecente das formas de poder da burguesía, etc., desencadean a loita revolucionaria do proletariado pola toma do poder político. Asemade, agudízanse as contradiccións que enfrontan aos distintos Estados e grupos monopolistas polo reparto dos mercados, as fontes de materias primas e as áreas de influencia. Esta rivalidade provocou en 1914 a primeira guerra imperialista mundial. A guerra levou á primeira gran revolución socialista da historia, acontecida en Rusia no Outubro de 1917. Iniciouse así a etapa de transición dun tipo de sociedade a outro nun plano mundial. Trala revolución soviética e a derrota do nazi-fascismo durante a II Guerra Mundial, despregáronse en cadea unha serie de revolucións democrático-populares, antiimperialistas e antifeudais dirixidas polo proletariado e asentadas na alianza dos obreiros e capesiños.

Máis recentemente, á raíz da culminación da contrarrevolución na meirande parte dos países do campo socialista, e logo dun curto período no que semellaba que a "nova orde mundial" capitalista íase eternizar, a loita contra o imperialismo recibiu un novo pulo coa incorporación activa dunha gran parte da clase obreira deses países, ceibada da pasividade á que a levara o revisionismo. Hoxe grandes masas proletarias súmanse á loita polo restablecemento do socialismo, o que debilita máis aínda ao capitalismo e bota por terra a pretensión da burguesía de presentar o seu sistema como o único viable e imperecedoiro.

O anteriormente dito confirma o significado histórico da revolución de Outubro e, xa que logo, a veracidade e a xusteza da concepción marxista-leninista e da súa teoría da revolución concebida como un longo e complexo proceso histórico mundial no que tanto se dan os avances coma os retrocesos nunha tendencia xeral ascendente, polo que se rematarán impondo as novas relacións sociais e a clase que as representa. En realidade, como dixo Lenin, "┐é que pode atoparse na historia un só exemplo dun modo de producción novo que prendese de súpeto, sen unha longa serie de reveses, equivocacións e recaídas?"(4).

2. Peculiaridades do capitalismo e da loita de clases en España

2.1 O establecemento de relacións capitalistas de producción

O feble e tardío desenvolvemento do capitalismo no noso país non lle permitiu á burguesía levar a cabo unha ruptura revolucionaria co antigo réxime. A alianza entre os sectores máis sobranceiros da burguesía e da aristocracia terratenente impuxo -xa desde o século XIX- unha "vía evolutiva", de progresiva reforma e adaptación das vellas estructuras herdadas do pasado ás transformacións económicas, políticas e culturais capitalistas. Esta circunstancia explica que España, a pesar das supervivencias feudais, fora xa, no abrente do século XX, un país extraordinariamente "moderno" no referente ao dominio e ao control do capital financeiro sobre as ramas máis importantes da actividade económica.

A expulsión dos colonialistas españois de Cuba e Filipinas a finais do século XIX e a conseguinte repatriación dos seus capitais á metrópole, xunto cos grandes negocios que -amparándose na súa "neutralidade"- levou a cabo a burguesía do noso país durante a I Guerra imperialista mundial, deu como resultado unha enorme concentración de capital. Isto explica que, no periodo da Dictadura de Primo de Rivera (1923-29), se producise unha aceleración no desenvolvemento económico e do proceso de fusión da banca coa industria, o que dará lugar á formación do capitalismo financeiro e á aparición das primeiras formas de capitalismo monopolista de Estado. Con todo, non por isto desapareceu a contradicción entre as esixencias do desenvolvemento capitalista e as supervivencias feudais no réxime político e a estructura económica. Pola contra, tanto esta contradicción coma as demais que converxían en España derivadas da crise económica mundial do capitalismo (1929) agudizáronse moito máis, ata rematar, en 1931, no derrocamento da monarquía e a proclamación da II República, na que o pobo confiaba para mellorar as súas condicións de vida, solventar o problema da terra, rematar coa opresión nacional e outras moitas eivas que o abafaban.

Pero a burguesía xa non era quen de levar adiante de por si este programa democrático. A chegada do capitalismo á derradeira fase do seu desenvolvemento (a etapa monopolista e imperialista) e o comezo da revolución proletaria mundial imposibilitaban xa a revolución burguesa de vello tipo. A burguesía debía contar por forza coa clase obreira que, por outra banda, era forte abondo para aceptar a súa dirección. Esta vai ser a historia da República deica o 16 de Febreiro de 1936: rexeitamento da oligarquía financeira e terratenente a calquera transformación democrática, vacilacións da burguesía democrática á hora de acometer as transformacións revolucionarias, fracaso da socialdemocracia na súa teima por controlar e afogar as loitas populares e paulatina toma da dirección do proceso revolucionario polo Partido Comunista.

Ademais, presentábaselle á burguesía outro importante problema: superar o atraso industrial e agrario de España con respecto a outros países. O que só se podía acadar mediante unha acumulación intensiva de capital, levada a cabo en base ao sometemento e superexplotación da clase obreira e o espolio dos capesiños. Mais, o triunfo do Bloque Popular nas eleccións do 16 de Febreiro e as medidas que este comezou a tomar perante o empuxe revolucionario das masas, convertérase nun impedimento insalvable para a realización dos planos da oligarquía, xa que entre outras cousas botou abaixo a súa pretensión de se afaceren novamente co poder pola vía parlamentaria. Xa que logo, facíase indispensable rematar coa República, aniquilar o movemento revolucionario e impor un réximen fascista. Velaí o obxectivo que persegue a reacción co levantamento militar do 18 de xullo.

2.2 A sublevación fascista e a revolución popular

A loita contra o alzamento fascista provocou unha verdadeira revolución popular. Os piares do Estado viñéronse abaixo na zona republicana, tomando o pobo o poder nas súas mans. A vida política, económica e social do país sufriu fondas transformacións: os Comités populares substituíron ás autoridades civís; disolvéronse os corpos represivos e formáronse Tribunais Populares. Baseándose nas milicias, organizouse o Exército Popular. Incautáronse as empresas abandonadas polos seus donos, os camiños de ferro e a banca, repartiuse a terra entre os obreiros agrícolas e os labregos pobres, etc. O Partido comprendeu desde o primeiro intre que aínda non se podía propugnar, como tarefa inmediata a revolución socialista. O atraso económico do país, a división da clase obreira e a situación internacional (caracterizada por unha correlación de forzas desfavorable ao movemento revolucionario) facían necesaria unha etapa de Revolución Democrático-Popular. O máis importante naqueles momentos consistía en gañarlle a guerra ao fascismo e asegurar a hexemonía política do proletariado na fronte das forzas populares democráticas.

Así e todo, a dirección do Partido, baixo a influencia da Internacional Comunista, cometeu numerosos erros na apreciación da situación xeral así como na aplicación da táctica da Fronte Popular, tendendo a se supeditar ao Goberno republicano no canto de apoiar a unidade popular desde unha posición política independente. Estes erros contribuíron á desmoralización das masas e fixeron máis desastrosos e duradeiros os efectos da derrota.

Ao final, o PCE, que fora a forza política que máis loitara pola Frente Popular, foi expulsado dos seus organismos e veuse imposibilitado para facerlle fronte ao golpe casadista; o que tamén lle impide proseguir a loita nas novas condicións xeradas polo derrubamento da República e dirixir a revolución cando é que se dan as condicións favorables, logo da II Guerra Mundial.

2.3 Un desenvolvemento monopolista ligado ao terrorismo de Estado

Ao rematar a guerra, a acumulación intensiva de capital e a industrialización acelerada son os obxectivos que se fixa a oligarquía financiera para superar o atraso que a mantén en inferioridade de condicións verbo das burguesías doutros países, enriquecerse máis aínda e conxurar o perigo de revolución no futuro. A reacción española vaise servir do Estado fascista como principal instrumento para o sometemento e explotación das masas traballadoras, pero tamén vai empregar ao Estado como medio esencial da súa política económica.

Para iso, a súa primeira teima foi aniquilar toda resistencia: suprimiu as liberdades e dereitos políticos; impuxo o xugo da opresión ás nacionalidades; destruíu os sindicatos obreiros e os partidos políticos democráticos; prohibiu a folga e a utilización de calquera medio de defensa legal e pacífico dos traballadores contra os abusos e o asoballamento do capital. Unha represión brutal abateuse sobre as masas despois da guerra: entre 1939 y 1944 foron fusilados uns 200.000 antifascistas, a meirande parte deles obreiros e labregos.

Trala II Guerra Mundial, logo de derrotadas as forzas nazi-fascistas en 1945, o Estado español quedou illado do concerto internacional, aínda que contaba coa "comprensión" e apoio dos capitalistas do mundo enteiro, en especial do imperialismo ianqui. Por outra banda, a economía española non só ficara devastada, senón que, ademais, continuaba a ser predominantemente agrícola. Por mor disto, e dada a escasa tecnificación da industria, os planos económicos que trazaran os monopolistas só podían realizarse en base á esquilmación do campo e as formas más inhumanas de sobreexplotación do proletariado. Velaquí os principios que rexiron a chamada política económica autárquica mantida ata finais dos anos 50. Dita política permitiulle á oligarquía española realizar unha acumulación intensiva de capital, ao mesmo tempo que poñía en pé unha parte importante da industria básica e transformaba, coas aportacións económicas do Estado, os grandes latifundios en modernas explotacións agrarias de tipo capitalista.

Nos anos nos que se levaron a cabo os "Planos de Desenvolvemento" (1964-75) toda España foi mudando: a mecanización do campo, os polos industriais, a masiva emigración ás cidades e o agromar de grandes arrabaldes obreiros, a elevación xeral do nivel de vida e consumo, etc., configuran unha paisaxe, unha forma de vida e unha mentalidade distintas á da España dos anos 30. Importante incidencia tivo a emigración: en 1968 o Instituto Nacional de Emigración cifraba en 1.222.000 o número de españois residentes en Europa; deles máis da metade saíran con contrato de traballo durante os anos do "milagro económico español".

A liberalización económica abruille as portas ás diferentes formas de penetración de capital extranxeiro en España. Con todo, gracias ás remesas de divisas proporcionadas pola emigración e o turismo, a oligarquía puido aumentar a producción interior sen por iso caer na dependencia respecto ao capital financeiro internacional.

A acumulación e concentración económica conduciran a unha estreita trabazón entre o Estado, o capital financeiro e as empresas; catro grupos controlan o poder económico: a banca, o sector público, o capital extranxeiro e as familias vencelladas ás medianas empresas e ás explotacións agrarias. De todos estes, o capital financeiro mantivo o seu carácter de grupo hexemónico dentro da economía española.

O desenvolvemento industrial permitiu un rápido crecemento do proletariado fabril e a súa concentración nas grandes cidades; en 1975 o proletariado industrial representaba o 38% do total da poboación activa, converténdose na clase máis numerosa da poboación. No caso de Catalunya e Euskal Herria, dito fenómeno tivo unha repercusión especial: o fluxo constante de obreiros inmigrantes a esas nacionalidades deu lugar durante os anos 60-70 á aparición dun proletariado novo integrado por obreiros das distintas nacionalidades do Estado.

Durante o mesmo período tamén aumentou o número de traballadores do sector servicios (33% do total da poboación activa), no que se incrementou a porcentaxe da asalariados polo considerable crecemento da industria e a creación de grandes almacéns, grandes empresas de transporte, etc.; por outra banda, nesta etapa de desenvolvemento económico, proliferaron moreas de pequenos negocios, o que contribuíu á constitución dunha nova pequena e media burguesía urbana. â no agro, gandería e pesca onde se vai producir unha considerable reducción da poboación activa, que en 1970 representa tan só o 29%.

2.4 A traizón carrillista

O fascismo conseguiu esmagar as organizacións sindicais e os partidos políticos democráticos, pero non ao Partido da clase obreira. Toda a represión concentrada nel non conseguiu destruílo. O PCE proseguiu a loita nas fábricas, nas minas, nas cidades e nos campos. A gran burguesía sabe por experiencia que namentres exista o Partido Comunista, forxado na loita máis consecuente pola democracia popular e o socialismo, a dominación fascista nunca é segura, que as masas poden chegar a unirse e rematar coa tiranía do capital.

O golpe máis duro, o que destruíu o Partido, non veu da represión, senón do labor de desgaste levado a cabo no seu seo polo revisionismo carrillista. Desde finais de 1944, Carrillo e a súa camarilla fóronse afacendo cos resortes fundamentais do aparello da organización do Partido, co control dos seus medios de propaganda e coa dirección da guerrilla. Para conseguilo e proseguir o seu labor, empregaron sistematicamente a calumnia, a intriga, as expulsións, a delación e o asasinato dos militantes que, dunha ou outra maneira, se opoñían á súa liña capituladora.

A guerrilla, á que os carrillistas simularon apoiar baixo a presión da maioría do Partido, dos obreiros avanzados e doutros loitadores antifascistas, foi utilizada por eles con fins reformistas, como plataforma para empoleirarse á dirección e como coartada para encubrir os seus proxectos liquidacionistas. De aí que, cando foi preciso impulsar a guerrilla, nunca se lle dese o apoio material que precisaba e que se lle podía ter dado. De aí tamén que cando foi necesario tomar a decisión de suspendela, ao obxecto de proseguila e orientala sobre novas bases, se lle puxese fin do xeito no que se fixo: en segredo, sen ningunha análise política, con enganos, provocando as sospeitas e as rivalidades persoais entre os guerrilleiros e, nas máis das veces abandonándoos á súa sorte, cando non asasinando ou delatando aos que se negaban a deixar as armas desa maneira.

Esta actividade contrarrevolucionaria foi posible polas propias debilidades, insuficiencias e erros arrastrados polo Partido desde a etapa anterior, e que en ningún momento foron analizados polo miúdo nin, xa que logo, corrixidos. Así, aínda que a liña xeral do Partido no celme poi xusta, constituíndose no principal artífice da resistencia antifascista, a persistencia nos graves erros cometidos durante a guerra acentuouse, ata que foron erixidos en liña política. Isto explica que se adoptase unha versión cada vez máis deformada e dereitista da táctica de Fronte Popular: a chamada política de "Unión Nacional" ou de "Fronte Nacional Antifranquista". Nesta o obxectivo de rematar co poder da oligarquía financeiro-terratenente e o seu sistema de dominación fascista ficaba simplemente reducido a botar a Franco e instaurar unha democracia parlamentaria burguesa.

A todo isto haille que engadir outros factores como a dispersión da dirección, a nula atención prestada ao desenvolvemento da teoría revolucionaria e a formación dunha liña política axeitada ás novas condicións de España, ademais do progresivo abandono dos principios leninistas de funcionamento e organización. Deste xeito fóronse creando as condición que lle permitiron ao oportunismo medrar nas filas do Partido agardando a ocasión propicia para tomar a dirección e rematar a súa obra destructiva, sen que os vellos dirixentes, atenazados polo dogmatismo e unha praxe conciliadora, foran quen de impedilo. Esta ocasión chegou en 1956 coa celebración do XX Congreso do PCUS, no que se impuxeron as teses revisionistas de Kruschev e os seus seguidores. Sen este apoio, a Carrillo e ao seu grupo, resultaríalles moi difícil rematar a súa obra. A partires deste intre a política de resistencia do PCE transformouse en aberta colaboración cos grandes capitalistas financeiros e os xerarcas da Igrexa, en pacifismo e desorganización das masas, en apoio á política sindical fascista; en suma, na chamada política de "Reconciliación Nacional".

3. O novo contexto xeral da loita de clases

3.1 A reconstrucción do Partido

A mediados dos anos 60, nos países capitalistas de maior nivel de desenvolvemento económico, agroma entre a mocidade un potente movemento de nidio contido antiimperialista. Xa daquela, evidenciábanse no interior destes países todos os síntomas da nova fase de crise xeral do sistema, que se viñera xestando tralo curto período de auxe económico da posguerra. As teorías encol dunha pretendida sociedade posindustrial óna que desaparecerían as crises económicas e a loita de clases para dar paso á concordia e ao benestar xeral, a unha sociedade de consumo e un desenvolvemento sostido- viñéronse abaixo de seu, polo que a crítica ao sistema volveu ao primeiro plano da actualidade. O sistema de explotación capitalista daba nidias mostras de ter esgotado as súas posibilidades de expansión e comenzaba unha nova crise da que xa non acadaría recuperarse.

Este movemento de crítica ao capitalismo collería novos azos coa Gran Revolución Cultural Proletaria e a crítica marxista-leninista, feita polo PCCh e os comunistas doutros países, ás teses revisionistas verbo da transición pacífica e parlamentaria ao socialismo, o Estado de todo o pobo, a emulación económica entre o socialismo e o capitalismo, etc.

No solpor da década, dous novos e importantes acontecementos, que conmoverían a vida de todos os países, engadiríanse aos anteriores: a heroica loita de resistencia do pobo vietnamita á agresión norteamericana e o movemento de masas, de carácter revolucionario, desatado no mes de maio de 1968 en París e outras cidades da Francia.

Tamén en España a crise económica capitalista mundial tivo unha fonda repercusión, nun momento no que os planos de desenvolvemento industrial tocaban teito, o réxime entraba de cheo na crise política e comezaba, tenteando o terreo, a manobra "aperturista" coa que intenta darlle unha saída á mesma. O movemento obreiro e popular repuxérase dos efectos da derrota sufrida en 1939 e dos longos anos de aberto terror fascista e comezaba, tralo fracaso da política de reconciliación carrillista e as súas consignas de "folga nacional pacífica", a encamiñarse polo vieiro da resistencia e a loita armada.

Neste contexto xeral vai ter o seu berce un novo movemento obreiro organizado. A Organización de Marxistas-Leninistas de España (OMLE) foi unha das primeiras organizacións comunistas nadas naquel período (1968). A partir dela iríase reconstruíndo o Partido revolucionario da clase obreira, algo que desde había tempo se sentía como unha necesidade.

A rapidez coa que os acontecementos viñan sucedéndose no país e a polémica á que os mesmos deron pé no seo da organización fixeron precisa a convocatoria do Congreso Reconstitutivo do Partido. Abofé que para que este puidera ter lugar facían falta ademais, outras condicións de tipo orgánico e ideolóxico. Era imprescindible que a Organización estivese preparada para asumir o papel e a responsabilidade do Partido. Mais, ditas condicións tamén existían, de sorte que en xuño de 1975 se puído celebrar o Congreso Reconstitutivo.

Con esta reunión culminou o traballo despregado pola OMLE durante un período de máis de 7 anos, no decurso dos cales se estabeleceron as bases orgánicas, políticas e ideolóxicas precisas para erguer de novo o Partido. Nun momento de máxima agravación da crise política do réxime, de todas as súas contradiccións e tensións sociais, o Congreso contituíu unha plataforma que lle permitiría ao PCE(r), recén nado, desempeñar un importante papel na vida política, especialmente na denuncia da Reforma.

3.2 A reforma política do réxime

Cando en 1975 Franco desaparece da escena política e entronízase, seguindo as súas previsións sucesorias, a Monarquía borbónica, as vellas formas de dominación fascista xa estaban a ser derrubadas pola loita das masas dos últimos anos. Estaba claro que o réxime xa non podía manterse en pé conservando o seu aberto carácter fascista. Por outra banda, a permanencia destas formas obstaculizaba cada vez máis a realización dos planos da clase dominante española encamiñados á súa total integración, económica e militar, no bloque imperialista. Deste xeito é como, no medio da división das camarillas políticas e grupos financeiros, se abre paso, a reforma política.

O aparente monolitismo político do réxime viuse na obriga de ceder ante o incontible avance do movemento popular. Especialmente a clase obreira, quen sempre marchara na primeira liña, foi conquistando unha posición tras doutra: o dereito á folga, os dereitos de expresión e de reunión, etc., foron impostos pola loita. A represión e o terrorismo aberto do Estado tamén foron combatidos con afouteza pola resistencia e a guerrilla. O gran capital e o seu Goberno atopábanse perante unha situación realmente difícil, que lles impedía seguir controlando ás masas. Tiñan, xa que logo, que "cambiar" algo as formas de dominación para poder manter intactos os seus privilexios e reforzar o seu poder político e económico.

Así e todo, ese cambio debía ter en conta a nova realidade creada polo movemento democrático, polo que non tiveron máis remedio que legalizar o que xa fora conquistado polos traballadores co fin de limitalo e controlalo. Asemade, a oligarquía procedeu a integrar no seu réxime aos carrillistas e a outros elementos da súa mesma caste que, desde había tempo, viñan dando abondosas mostras de colaboración e submisión. Coesta última medida, o Estado nado do levantamento militar fascista do 18 de xullo tomaba unha certa aparencia de "lexitimidade".

O resultado final desta manobra política foi recollido na chamada "Constitución democrática", que consagra a monarquía, o sistema de explotación capitalista e a opresión sobre as nacionalidades. Con todo isto a clase dominante conseguiu crear algunhas ilusións e manter enganados aos traballadores, mais apenas acadou, como pretendía, ampliar a súa base social. O continuo recorte das liberdades e dereitos sociais dos traballadores, a intensificación da explotación, a negación dos dereitos nacionais, o terrorismo de Estado, os asasinatos políticos, a práctica da tortura aos detidos, a corrupción xeneralizada entre os potentados e líderes políticos, etc., acabaron por descubrir a verdadeira natureza fascista e imperialista que segue tendo o réxime e por desprestixiar ante as masas aos partidos socialfascistas que o serven e apoian.

Hoxe en día, a oligarquía financeira debátese en medio de grandes contradiccións e loitas internas, contando ademais cunha marxe de manobra política reducida ao mínimo. Todo isto evidencia a profundidade da crise do sistema que impera en España e a necesidade de cambios radicais.

Non se pode negar que a oligarquía española introduciu algúns cambios no seu réxime de dominación política, pero isto o fíxo para reforzar ao mesmo Estado fascista e explotador. A "separación de poderes", a ruín falsificación do parlamentarismo, o estabelecemento das "autonomías" e outros "cambios" do sistema político inseridos pola reforma non puideron agachar, sen embargo, o carácter monopolista, centralista e terrorista do Estado. O fascismo é a superestructura política, xurídica, ideolóxica, etc., que se corresponde co sistema de explotación monopolista imposto en España en 1939. E con el se desenvolveu e aínda hoxe se mantén coma forma de poder, xa que un sen o outro non poderían existir.

A reforma política veu demostrar que na fase monopolista do capitalismo non é posible a volta atrás, ao sistema político de liberdades e ao parlamentarismo burgués, propios do capitalismo de libre competencia. A necesidade dun sistema policíaco, que se corresponda co control económico dos monopolios, fai que o sistema capitalista tenda nesta etapa ao fascismo, ao militarismo, á reacción aberta en xeral, o que leva á sociedade burguesa a unha fonda crise revolucionaria.

3.3 Consecuencias económicas e sociais da crise

Xa iniciada a reforma política, coa incorporación ao mercado internacional que o desenvolvemento económico e industrial viña esixindo, a gran burguesía española viuse na obriga de realizar ao mesmo tempo a reestructuración e reconversión industrial, agraria e financeira, o que, por outra banda, cumpría facer axiña perante a entrada do capitalismo mundial nunha nova fase da súa crise xeral e a intensificación na competencia económica internacional. Mais esta reestructuración habería de contar, desde moi cedo, coa teimosa resistencia da clase obreira e doutros sectores populares temerosos de perder o seu posto de traballo, os seus pequenos negocios, etc. Ademais, ditos planos tamén atinxían a algúns clans oligárquicos que se resistían a perder posicións dentro da vida económica e social do país respecto a outros mellor situados.

Este vai ser o cadro no que se enmarcan as liortas entre os distintos grupos financeiros do noso país e da envurullada morea de intereses contrapostos, tanto españois como estranxeiros, que agroman cando a incorporación de España á CEE en 1986. â claro que o único medio que ten a oligarquía para continuar a acumular capital é incrementar a explotación e a súa capacidade de competir nos mercados internacionais. Malia todo, esta pretensión de se aseguraren un lugar na competencia capitalista e unha certa independencia respecto ás multinacionais áchase dificultada polo abismal (e cada ver maior) desfase tecnolóxico verbo das primeiras potencias imperialistas; o que acouta enormemente a capacidade de manobra da oligarquía na súa política económica, obrigándoa a tomar medidas radicais de reconversión e concentración e a sacrificar numerosas empresas e ramas da industria. Como consecuencia, numerosos obreiros e outros moitos traballadores da cidade e do agro remataron no paro, a precarización e a miseria, nun acelerado proceso de proletarización que abrangue a amplos sectores. Con todo, a crise económica non supuxo ningún cambio cualitativo na composición e estructura das clases sociais en España, aínda que nos últimos anos se deron algunhas variacións importantes que cómpre subliñar.

A poboación activa do conxunto dos territorios que compoñen o Estado, isto é, as persoas en idade de traballar que teñen emprego ou o buscan, compóñena actualmente uns 16 millóns, dos que once millóns son asalariados. O groso da poboación laboral é, xa que logo, o traballador por conta allea, o traballador dependente. O fenómeno social máis importante que se vén producindo nos últimos anos é o crecemento do traballo asalariado, o que indica a concentración dos medios de producción en mans dunha minoría e o espolio dunha maioría crecente, obrigada a vender a súa forza de traballo. En España vense producindo un acelerado proceso de proletarización da sociedade; o país está cada día máis proletarizado, cunha masa que non dispón máis que da súa forza de traballo e outra, cada vez máis cativa, que arrepaña con todos os medios de producción e vida. Un dos efectos da acumulación capitalista é xustamente o crecemento "absoluto e constante" do proletariado, que chega a resultar excesivo para as necesidades da reproducción ampliada do capital e vai ao paro, "á reserva".

Así, de todas as clases sociais, a que máis medrou, foi a clase obreira, que se dobrou nos últimos 30 anos, mentres que a pequena burguesía minguou unha terceira parte. En realidade, a chamada "clase media" é unha exigua minoría; a maior parte dos non asalariados son autónomos, traballadores independentes, pequenos capesiños, mariñeiros, gandeiros, comerciantes, profesionais liberais e vendedores, os que, a cada pouco e en maior número teñen que converterse en asalariados dos monopolios. A reducción da poboación non asalariada debeuse, fundamentalmente, á ruína sufrida por centos de miles de pequenos capesiños que se viron na obriga de deixar o agro. En canto á masa de traballadores e empregados (banca, hostelería, funcionarios...) hoxe ve como a súa situación se vai deteriorando e asemellando decote á da clase obreira: contratos eventuais, despedimentos, etc. O rápido crecemento do sector servicios influiu tamén de xeito notorio no aumento de persoal ao servicio do Estado.

A par que as vellas "clases medias" foron minguando, formouse, no seo da masa de asalariados, un sector de privilexiados que, tanto polas súas funcións, pola delegación de poderes que a burguesía lle outorga, coma polo carácter mixto dos seus ingresos e pola súa forma de vida pódense emparentar coa pequena burguesía.

3.4 A nova singradura do imperialismo español

Unha vez levada a cabo a reforma política e logo do primeiro pulo reestructurador da economía realizado polos felipistas, a gran burguesía financeira dirixiu os seus esforzos a espallar a súa influencia política e económica no exterior, co propósito de participar cada vez máis activamente nas liortas do imperialismo polo reparto de mercados, fontes de materias primas e áreas de influencia. Con este fin o Estado español, conforme a súa mediana entidade, vén empregando importantes e crecentes recursos, como denantes o fixera, para facilitar a exportación de capital.

A base desta nova expansión económica do imperialismo español, acompañada polo incremento da actividade diplomática, militar, "cultural" e propagandística do Estado fóra das súas fronteiras, estriba indubidablemente no alto grao de acumulación e concentración monopolista acadado, o que lle permite levar a cabo a exportación de capital aos países máis atrasados onde obtén unha cota de ganancia máis alta.

Neste senso, o capital financeiro español, a fin de compensar a súa debilidade económica e tamén por razóns políticas, está centrando a súa actividade naquelas zonas nas que acha mellores condicións para competir, como é o caso dos países latinoamericanos, as súas vellas colonias, nalgúns dos que empeza a ocupar posicións importantes en pugna cos capitalistas ianquis e doutros países. Con todo, non é menor o interese do imperialismo español polo Magreb, non só por consideracións económicas, senón tamén xeoestratéxicas.

O papel do Estado español non se cingue ao eido da exportación de capital, senón que en definitiva o seu obxectivo é someter a esos países á dependencia. De aí que o Goberno español, co conto do seu histórico vencellamento, tente erixirse en interlocutor entre a Unión Europea e América Latina, ou que estea a intensificar a súa actividade diplomática no norte da África. De aí tamén que, aproveitando a súa participación na OTAN ou na UEO, o Estado español non perda a menor oportunidade para estar presente coas súas forzas militares onde os seus socios imperialistas máis fortes meten a gadoupa, co fin de facer méritos, tirar algún proveito e acostumar, de paso, á opinión pública a ese tipo de operacións que preludian conflictos máis devastadores e sanguiñentos.

Non obstante, e a pesar das súas pretensións de grandeza e saqueo, o imperialismo español non pode pasar de desempeñar un papel subordinado e moi secundario entre as potencias imperialistas, o que, dada a súa maior febleza, se acentuará cada vez máis á medida que se vaia agravando a crise mundial do capitalismo.

[continua]


Notas:

(1) Lenin: "O Estado e a revolución".
(2) C. Marx: "Manifesto do Partido Comunista".
(3) Lenin: "O Estado e a revolución".
(4) Lenin: "Unha gran iniciativa".