ISABEL LLAQUET BALDELLOU
Membro da Comisión Política do PCE (r)

Detida o día 9 de Novembro pola policía francesa

25 ANOS NA DIRECCIÓN DO PARTIDO DO PROLETARIADO

ˇESTE É O SEU DELICTO!

Naceu en Lérida en 1949 no seno dunha familia de campesiños medios. O seu pai era militar. Na súa infancia quedouse orfa e só polos esforzos da súa nai conseguiu unha beca para estudiar na Universidade a carreira de Económicas. Nos anos 70 participou moi activamente no movemento democrático estudiantil. Contactou coa OMLE e, dende sempre, destaca pola súa entrega e claridade política. Ocupou distintas responsabilidades de propaganda e organización.

En 1977 foi detida en Benidorm xunto ao resto dos membros do Comité Central do PCE (r), no transcurso dunha reunión. Foi torturada salvaxemente e estivo tres meses no cárcere de Yeserías. A súa saída incorporouse novamente á loita na clandestinidade e foi elixida como responsable política do Comité Central. O 1 de Outubro de 1980 foi detida. Na comisaría estivo 10 días, baixo a aplicación da lei antiterrorista e foi sometida a brutais torturas. Ingresou no cárcere de Yeserías coas dos pernas escaioladas e unha vértebra rota. Estivo cinco anos presa e en 1985 pasou novamente a clandestinidade en Francia. Foi elixida nos Congresos do Partido como membro do Comité Central. Ata a súa detención, o pasado día 9 de Novembro, formaba parte da Comisión Política como responsable das tarefas de organización.

Na operación policial, paralelamente foron detidos membros dos GRAPO e, dende o primeiro momento, tódolos medios de comunicación, seguindo as ordes do Ministerio do Interior, meteron no mesmo saco unhas e outras detencións, presentando ao PCE (r) e aos GRAPO como unha mesma cousa. E queren involucrala nas accións armadas deste Organización.

Esta é unha infame operación de intoxicación informativa, que ten por obxectivo xustificar a represión contra a vangarda política do proletariado e preparar o terreo para o encarceramento desta dirixente comunista en Francia e para a súa posterior extradición ao Estado español.

Compañeiros: Os fascistas queren aniquilar ao Partido e, a tal fin, botan man de tódolos medios. ˇNon podemos consentilo! Agora, máis que nunca, ˇhai que paralos!

ˇLIBERDADE INMEDIATA PARA ISABEL!

ˇLIBERDADE PARA TÓDOLOS COMUNISTAS E ANTIFASCISTAS DETIDOS!

Organización de Galicia do PCE (r)
12 Novembro 2000