MANUEL PÉREZ MARTÍNEZ (Arenas)
Secretario Xeral do PCE (r)

Detido o día 9 de Novembro pola policía francesa

25 ANOS Á FRONTE DO PARTIDO DO PROLETARIADO

ˇESTE É O SEU DELICTO!

Naceu en Melilla en 1944, no seno dunha familia obreira. Comezou a traballar aos 9 anos. A loita de liberación do pobo marroquí contra o colonialismo español espertou as súas inquietudes políticas. Aos 12 anos emigrou a Madrid coa súa familia e viviu nunha chabola do Pozo do Tío Raimundo en Vallecas. Traballou no gremio da escaiola. Entrou a militar no partido carrillista; máis tarde, pasou ao PCE (i). Foi detido pola súa militancia política. Á saída do cárcere, separouse do PCE (i) e centrou tódolos seus esforzos na tarefa do reconstruír o verdadeiro Partido Comunista da clase obreira. Pasou a formar parte da OMLE (Organización de Marxistas-Leninistas de España).

En 1971, na V Reunión Xeral da OMLE, foi elixido membro do Comité de Dirección desta Organización e, dende ese posto, dirixiu aos comunista cara a Reconstrucción do Partido. No Congreso Reconstitutivo, celebrado no 1975, foi elixido Secretario Xeral do PCE(r). En 1977 foi detido, co resto dos membros do Comité Central, en Benidorm no transcurso dunha reunión. E xa naquela ocasión, a policía e os xuíces quixeron, como hoxe, involucralo nas accións armadas dos GRAPO, ante o que a súa resposta foi: "O PCE (r) non realizou nin reivindicou ningunha acción armada. A labor do Partido limítase á propaganda, á axitación política e ao traballo de organización entre os obreiros e demais sectores populares". Pasou 7 anos nos cárceres de Carabanchel, Zamora, Herrera da Mancha, Soria. En 1984, despois de saído da cadea, veuse na necesidade de pasar novamente á clandestinidade para poder proseguir coa súa labor de dirección do Partido. Nesta se mantivo ata o momento da súa detención, o pasado día 9 de Novembro, pois foi reelixido Secretario Xeral por unanimidade en tódolos Congresos do Partido.

Na operación policial, paralelamente foron detidos membros dos GRAPO e, dende o primeiro momento, tódolos medios de comunicación, seguindo as ordes do Ministerio do Interior, meteron no mesmo saco unhas e outras detencións, presentando ao PCE (r) e aos GRAPO como unha mesma cousa, e ao noso Secretario Xeral como máximo dirixente desta organización armada.

Esta é unha infame operación de intoxicación informativa, que ten por obxectivo xustificar a represión contra a vangarda política do proletariado e preparar o terreo para o encarceramento deste dirixente comunista en Francia e para a súa posterior extradición ao Estado español.

Compañeiros: Os fascistas queren aniquilar ao Partido e, a tal fin, botan man de tódolos los medios. ˇNon podemos consentilo! Agora, máis que nunca, ˇhai que paralos!

ˇLIBERDADE INMEDIATA PARA O NOSO SECRETARIO XERAL!

ˇLIBERDADE PARA TÓDOLOS COMUNISTAS E ANTIFASCISTAS DETIDOS!

Organización de Galicia do PCE (r)
12 Novembro 2000